O 35% das vivendas baleiras de Galicia teñen máis de 50 anos segundo Fegein | Observatorio de Vivenda

O 35% das vivendas baleiras de Galicia teñen máis de 50 anos segundo Fegein

O 35% das vivendas baleiras de Galicia teñen máis de 50 anos segundo Fegein

Galicia conta na actualidade con 345.000 vivendas baleiras segundo os datos da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein) sendo a comunidade conn maior número do estado, un 19,4% fronte a media nacional do 13,7%.Segundo os datos mostrados por Fegein o 72% destes inmobles baleiros atópanse nunha situación deficiente e o 35,7% contan con máis de 50 anos de antigüidade.

Por cidades, case todas reduciron o número de pisos sen habitar nos últimos dez anos, destacando A Coruña, que pasou de 19.283 a 15.250, Vigo (de 18.588 no 2011 a 13.186 neste ano), Santiago, de 9.512 a 7.108, Lugo (1.635 inmobles baleiros menos) e Pontevedra cunha redución de 1780 pisos. Pola outra banda Ourense e a única urbe galega onde aumentou este dato, aumentando en 1.991 o número vivendas baleiras na última década.

Fonte.- La Voz de Galicia