O 40% dos alemáns presenta problemas para cubrir os gastos dunha vivenda: segundo Postbank | Observatorio de Vivenda

O 40% dos alemáns presenta problemas para cubrir os gastos dunha vivenda: segundo Postbank

O 40% dos alemáns presenta problemas para cubrir os gastos dunha vivenda: segundo Postbank

O banco Postbank recolleu, nunha enquisa representativa encargada a Yougov realizada a 2051 persoas, que un 40,5% dos alemáns ten grandes dificultades para facer fronte aos custos da vivenda, ademais un 7,4% afirma que non pode permitirse ese gasto. O 46,3% restante admite non ter dificultades para facer fronte aos gastos de alugueiro ou propiedade dunha vivenda. 

O experto inmobiliario do Postbank afirma que o prezo da vivenda, unido ao forte aumento do custo da vida, está a levar a un punto de ruptura financeira para moitas familias alemás. Os principais obstáculos identificados para comprar a vivenda son a falta de capital propio (para o 55% dos enquisados), os elevados custos de financiamento e compra (42,7% e 41%) e a falta de oferta (17%).

Fonte.- El Economista