O 42% dos españois planea cambiar de vivenda nos próximos cinco anos | Observatorio de Vivenda

O 42% dos españois planea cambiar de vivenda nos próximos cinco anos

O 42% dos españois planea cambiar de vivenda nos próximos cinco anos

O 42% dos españois teñen nos seus plans cambiarse de casa nos próximos cinco anos, segundo publicou o Observatorio Vía Célere da vivenda en España.

A principal razón que motivaría este cambio de vivenda é a procura dun fogar mellor, no 54% dos casos, segundo o observatorio da promotora. Por outra parte, un 22% dos enquisados asegura que a búsqueda céntrase por unha ubicación nun barrio máis adecuado ás súas necesidades, mentres que un 19% indica que este cambio débese a que desexa unha residencia máis adecuada ás necesidades detectadas durante o confinamento. Por último, o 5% restante afronta este proceso como un método para gañar cartos coa venda da súa vivenda actual.

Neste proceso de búsqueda, dous tercios dos españois prefiren as vivendas novas fronte a un tercio que se decanta polas de segunda man. Estes resultados débense, como razón principal, á eficiencia enerxética que ofrecen as vivendas recén construidas, segundo asegurou un 77% dos enquisados.

A enquisa tamén detectou un desfase entre os desexos dos españois de contar cunha vivenda en propiedade coa realidade do réxime no que viven.

Fonte | El Español