O 45% das rendas das familias españolas destínase ao pago das hipotecas: aumento da desigualdade da riqueza e da poboación en risco de exclusión social | Observatorio de Vivenda

O 45% das rendas das familias españolas destínase ao pago das hipotecas: aumento da desigualdade da riqueza e da poboación en risco de exclusión social

O 45% das rendas das familias españolas destínase ao pago das hipotecas: aumento da desigualdade da riqueza e da poboación en risco de exclusión social

O estudo de OBS Business School sobre o mercado inmobiliario mostra que o 45% da renda das familias españolas é destinado ao pago da hipoteca, unha proporción moi por encima da media da Unión Europea, e un 15%, aproximadamente, maior que o que se destinaba en 2021.

Ademais no informe recóllese que a razón de que o número de compravendas de vivenda en 2023 estéase relentizando sensiblemente débese á 'vertixinosa' subida do custo dos préstamos, polo que moitos optan polo alugueiro, o que pode acabar supoñendo unha maior presión á alza dos prezos.

Desde que comezou a subida dos tipos, os prezos incrementáronse un 8% e espérase máis incremento, outro 2% o que resta de ano. O prezo da vivenda en España está a crecer máis rápido que os salarios, o que provoca o aumento da desigualdade da riqueza e a proporción de poboación en risco de exclusión social.

Fonte.- Idealista