O 55 por cento dos inmobles para alugueiro en A Coruña teñen máis de 40 anos | Observatorio de Vivenda

O 55 por cento dos inmobles para alugueiro en A Coruña teñen máis de 40 anos

O 55 por cento dos inmobles para alugueiro en A Coruña teñen máis de 40 anos

Segundo o último boletín do Observatorio de Vivenda e Solo do Ministerio de Fomento, Ferrol é a cidade galega con maior proporción de inmobles en alugueiro construídos antes da década dos 80, cun 68 por cento. Por outro lado, A Coruña conta con 26.283 vivendas no mercado de alugueiro, das cales 14.420 foron construídas antes dos 80, sendo a maioría dos anos 60. Esta situación no parque de vivendas de alugueiro nas cidades da provincia coruñesa débese, segundo a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein), ao reducido ritmo de nova construción na última década, aínda que estase a cambiar a dinámica.

Fonte.- El Ideal Gallego