O 62 % dos pisos turísticos da Coruña deberían cesar coa actividade despois da aplicación do plan xeral | Observatorio de Vivenda

O 62 % dos pisos turísticos da Coruña deberían cesar coa actividade despois da aplicación do plan xeral

O 62 % dos pisos turísticos da Coruña deberían cesar coa actividade despois da aplicación do plan xeral

Na cidade da Coruña deberían cesar coa súa actividade de pisos turísicos o 62% destas vivendas nos barrios da cidade, excluíndo as zonas de Ciudad Vella e Peixaría debido a que teñen vixente un plan especial con máis restricións. Deben cesar a súa actividade debido a que se se lles considera negocios hostaleiros e aplícanselles os criterios do Plan Xeral de Ordenacion Municipal (PXOM) nos termos definidos polo Concello.

Como definiron, os pisos turísticos só estarán permitidos en baixos, primeiras plantas e en edificios dedicados integramente a iso. É por isto que 449 das 728 vivendas turísticas rexistradas atópanse en zonas que non poden continuar coa súa actividade segundo os rexistros da Xunta. 

Estas vivendas forman gran parte da oferta de aloxamento da cidade, con 1.259 habitacións, que supoñen 2.280 prazas, mentres que os hoteis e hostais da cidade recollen 5.157 (segundo datos do INE).

Haberá que esperar a ver como aplica a norma o Concello e como afecta finalmente a este tipo de aloxamentos turísticos.

Fonte.- La Opinión