O 63% dos compradores españois de vivenda admite que descarta a opción da obra nova polos seus elevados prezos, segundo Fotocasa | Observatorio de Vivenda

O 63% dos compradores españois de vivenda admite que descarta a opción da obra nova polos seus elevados prezos, segundo Fotocasa

O 63% dos compradores españois de vivenda admite que descarta a opción da obra nova polos seus elevados prezos, segundo Fotocasa

Segundo datos publicados por Fotocasa, un 63% de compradores de vivenda en España descarta a nova construción polo seu elevado prezo, rexistrando un aumento relevante respecto ao 56% que o consideraba hai un ano.

As causas atópanse principalmente na escaseza de oferta nesta tipoloxía de vivenda e as condicións no pago da entrada, que aumentou en 8 puntos porcentuais no último ano.

Despois do prezo, o segundo motivo polo que se acaba descartando obra nova é pola falta de oferta existente na zona na que busca (segundo o 21% dos compradores), o terceiro motivo para descartar a obra nova son as condicións de pago e os gastos de entrada (13%), a localización (11%) ou o atraso na finalización das obras (10%).

Fonte | Fotocasa