O alcalde de Londres pide conxelar os alugueiros para evitar desaloxos masivos | Observatorio de Vivenda

O alcalde de Londres pide conxelar os alugueiros para evitar desaloxos masivos

O alcalde de Londres pide conxelar os alugueiros para evitar desaloxos masivos

O alcalde da cidade advertiu de que medio millón de londinenses podríanse enfrentar ao desaloxo dos seus pisos de alugueiro debido aos atrasos acumulados no pago das rendas durante o confinamento e por iso pide ao Goberno británico que conxele as subidas dos alugueiros, durante polo menos dous anos.

As medidas adoptadas polo Executivo británico durante o período de confinamento prohibiron os desafuizamentos dos inquilinos en caso de impago das rendas. Porén, os tribunais están cerca de reiniciar os procedementos de desaloxo se o arrendatario ten deudas pendentes co seu caseiro, en aquelas áreas onde non haxa restriccións, a maioría no norte de Londres.

Londres ten 2,2 millóns de inquilinos e cerca dunha cuarta parte deles sofren atrasos nos seus pagos, cifra que se podería incrementar como resultado directo da pandemia.

Fonte | Idealista