O alcalde de Praga pide lexislación europea para frear os efectos negativos da economía colaborativa e turismo | Observatorio de Vivenda

O alcalde de Praga pide lexislación europea para frear os efectos negativos da economía colaborativa e turismo

O alcalde de Praga pide lexislación europea para frear os efectos negativos da economía colaborativa e turismo

O alcalde da cidade checa de Praga advertiu esta semana da súa preocupación sobre os efectos negativos que xera o desenvolvemento da economía colaborativa no sector turístico. O alcalde lamentou a perda de poder no control do turismo co xurdimento das vivendas vacacionais, que en cidades como Praga aumentan a oferta turística por encima dos niveis desexables para as autoridades.

Praga é a última cidade de Europa en asinar unha carta reclamando a Comisión Europea a revisión deste tipo de lexislación. As outras cidades que defenden a carta son Amsterdam, Barcelona, Berlin, Burdeos, Bruselas, Krakowia, Munich, Paris, Valencia e Viena.

Fonte| The Guardian