O alcalde de Santiago pide á Xunta que a licenza municipal sexa requisito obrigatorio para os pisos turísticos | Observatorio de Vivenda

O alcalde de Santiago pide á Xunta que a licenza municipal sexa requisito obrigatorio para os pisos turísticos

O alcalde de Santiago pide á Xunta que a licenza municipal sexa requisito obrigatorio para os pisos turísticos

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Bugallo, reclama que a Xunta de Galicia recolla o criterio das últimas sentencias do TSXG respecto á necesidade dos pisos turísticos de estar na REAT (Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas) mais tamén de contar coa licenza municipal correspondente.

O concello de Santiago intenta parar a proliferación de pisos en alugueiro turístico do concello, que están esgotando a demanda de alugueiros regulares e que están a elevar en centos de euros as cuantías que pagan os estudantes da Universidade de Santiago de Compostela durante as súas estadías na capital de Galicia.

Fonte.- La Voz de Galicia