O alto prezo da vivenda en Irlanda fai que gran parte da súa mocidade pense en vivir no estranxeiro | Observatorio de Vivenda

O alto prezo da vivenda en Irlanda fai que gran parte da súa mocidade pense en vivir no estranxeiro

O alto prezo da vivenda en Irlanda fai que gran parte da súa mocidade pense en vivir no estranxeiro

Segundo unha enquisa do Consello Nacional da Xuventude de Irlanda no país 7 de cada 10 persoas de entre 18 e 24 anos ten a idea de mudarse ao estranxeiro debido aos altos custos da vivenda no país estando entre os destinos favoritos da mocidade irlandesa Estados Unidos, Reino Unido, Australia, Nova Zelanda e Dubai, sempre segundo os datos da enquisa.

Irlanda ten o prezo de vivenda máis alto da Unión Europea, estando preto dos trescentos mil euros de media no mes de xullo, un dato superior ao que se deu durante a burbulla inmobiliaria, ademáis os alugueiros tamén están disparados na illa xa que subiron un nove por cento no primeiro trimestre en comparación ao ano pasado o que unido a escasa oferta inmobiliaria fai que a xuventude no país teña moi dificil acceder á vivenda.

Fonte.- Idealista