O alugueiro cae un 0,9% en xaneiro mentres continúa o seu desplome en Madrid e Barcelona | Observatorio de Vivenda

O alugueiro cae un 0,9% en xaneiro mentres continúa o seu desplome en Madrid e Barcelona

O alugueiro cae un 0,9% en xaneiro mentres continúa o seu desplome en Madrid e Barcelona

O mes de xaneiro pechou cunha baixada do prezo do alugueiro en España do 0,9% ata alcanzar os 11 euros/m2, o que ademais supón un descenso do 3,2% trimestral, segundo o último informe de prezos publicados por Idealista. En termos interanuais, o prezo descendou un 0,1%.

Así, o prezo medio do alugueiro de vivenda caiu en sete autonomías con respecto ao mes de decembro. Baleares (-2,6%), Cataluña (-1,6%) e a Comunidade de Madrid (-1,2%) lideran as baixadas. Síguenlles as caídas de Andalucía (-0,6%), Comunitat Valenciana (-0,4%), Aragón (-0,3%) e Canarias (-0,2%).

Por outro lado, os prezos subiron en La Rioja (1,9%), Castilla-La Mancha (1,5%), Galicia e Asturias (1,1% en ambas rexións), Extremadura (1%), Castela e León (0,9%) e Navarra (0,4%). O prezo mantívose estable en Euskadi, Murcia e Cantabria durante o mes de xaneiro.

Unha vez máis, a Comunidade de Madrid (14 euros/m2/mes) é a rexión máis cara seguida de Cataluña (13,6 euros/m2/mes). 

Fonte | Idealista