O alugueiro dispárase no centro de Vigo, con Canido e Coruxo á cabeza | Observatorio de Vivenda

O alugueiro dispárase no centro de Vigo, con Canido e Coruxo á cabeza

O alugueiro dispárase no centro de Vigo, con Canido e Coruxo  á cabeza

O mercado inmobiliario en Vigo rexistra tanto no caso de vivendas á venda como no réxime de alugueiro un incremento constante dos prezos. Precisamente neste último caso, os pisos e casas para arrendar rexistran un crecemento dos prezos medios en prácticamente toda a cidade, máis pronunciado no centro e coas zonas de Canido e Coruxo cos alugueiros máis elevados. 

Así se desprende do análise dos datos do mes de outubro que publica o Observatorio da Vivenda da Xunta, no que as vivendas da zona de Canido manteñen importes medios de 905 euros mensuais, case 100 máis que os rexistrados a peche de 2019. En segundo lugar, na contorna de Coruxo os prezos pasaron dos 711 de finais do pasado ano aos 756 nas operacións inmobiliarias realizadas ata o 31 de outubro de 2020.

Asimismo, nas rúas máis céntricas da cidade como Urzaiz, Pi i Maragall e Hispanidad, rexistráronse ao longo dos últimos dez meses unha suba media moi próxima aos 50 euros mensuais. 

A estas zonas do centro de Vigo síguenlles a distancia o barrio de Casablanca así como Florida e Fragoso cos alugueiros rondando o umbral dos 500 euros mensuais o pasado outubro segundo recolle o Observatorio Galego da Vivenda. Pola súa parte, no barrio de Coia e as rúas próximas ao estadio de Balaídos os alugueiros alcanzaron os 520 euros, mentres que en As Travesas os prezos son lixeiramente máis altos, rondando os 550 euros. A medio camino entre a milla de ouro de San Miguel de Oia e o centro de Vigo sitúanse Bouzas, Alcabre e as vivendas de Navia, cuns prezos medios que se situaron en torno aos 560 euros mensuais.

Por último, o barrio de Teis é novamente o que rexistra os prezos máis baixos da cidade.

Fonte | Atlántico