O alugueiro disparouse en Galicia un 34 % nos últimos cinco anos | Observatorio de Vivenda

O alugueiro disparouse en Galicia un 34 % nos últimos cinco anos

O alugueiro disparouse en Galicia un 34 % nos últimos cinco anos

Coa recuperación económica, o aumento do prezo do alugueiro en España fíxose realidade: disparouse un 50 % nos últimos cinco anos, un 32 % se se amplía a mostras á decena. Galicia non é unha excepción: hoxe é un 34 % máis caro alugar unha vivenda na comunidade que en 2015 e un 17 % máis oneroso que en 2010, segundo el último informe publicado por Fotocasa.

Neste documento, destacan a Comunidade Valenciana e Canarias como os dous enclaves onde máis se dispararon os prezos, cunha suba do 55 % e o 53 % respectivamente, seguidos por Cataluña, Navarra, Andalucía e Madrid. Galicia é a séptima das 17 rexións españolas onde máis se encareceu o alugueiro, unha lista que pecha Extremadura cunha suba do 24 %.

Se ben é certo que en Galicia existen deducións dispoñibles para menores de 35 anos (ata un 10 % do alugueiro cun máximo de 300 euros) e para persoas con dous ou máis fillos menores de idade (20 % cun límite de 600 euros), o certo é que o acceso á vivenda complicouse nos últimos anos, tanto pola escasa oferta como polos obstáculos que atopa a mocidade para poder acceder a unha hipoteca.

Fonte | La Voz de Galicia