O alugueiro en España sube en agosto un 0,5% ata situar a subida interanual no 6,4% segundo Idealista | Observatorio de Vivenda

O alugueiro en España sube en agosto un 0,5% ata situar a subida interanual no 6,4% segundo Idealista

O alugueiro en España sube en agosto un 0,5% ata situar a subida interanual no 6,4% segundo Idealista

O prezo do alugueiro en España segue á alza situandose en agosto a media nacional en 11,3 €/m2 segundo os datos que recolle Idealista, o que supón unha subida do 0,5% con respecto a xullo. Segundo os datos do portal inmiobiliario a subida trimestral chega xa ao 2,8%, mentres que os datos con respecto ao 2021 mostran unha alza nos prezos na vivenda de alugueiro do 6,4%.

Son 10 as Comunidades onde aumentan os prezos do alugueiro no último mes destacando, Cantabria (3,1%), Comunidade Valenciana (2,5%) e Comunidade de Madrid (1,6%), mentres que as baixadas máis notables, segundo os datos recollidos por Idealista, sitúanse en Galicia (-1,5%), Andalucía (-0,8%), A Rioxa e Baleares (-0,5%).

Fonte.- Idealista