O alugueiro en Vigo estrea o ano con subas e sendo o máis alto de toda Galicia | Observatorio de Vivenda

O alugueiro en Vigo estrea o ano con subas e sendo o máis alto de toda Galicia

O alugueiro en Vigo estrea o ano con subas e sendo o máis alto de toda Galicia

A escaseza de vivenda para alugar, derivada da sequía de obra nova pola falta dun Plan Xeral, provocou que os prezos sigan subindo en Vigo, mentres que no conxunto de España estáncanse. Desta forma, a cidade convértese na urbe galega máis cara de Galicia para arrendar un piso ou unha casa: entre 8,7 e 9 euros por metro cadrado son os valores que manexan os portais especializados no sector.

O alugueiro en Vigo encareceuse en xaneiro un 1,3% con respecto a decembro e a suba é de máis dun 9% con respecto ao ano anterior, o que contrasta co caso de Ferrol, a urbe galega máis barata para alugar unha vivenda, cunha media de 4,96 euros por metro cadrado. 

Así, segundo as estatísticas recollidas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, Vigo atópase en máximos cun prezo medio do alugueiro de 520 euros a peche do terceiro trimestre do ano pasado, sendo este o valor máis alto dende 2014, cunha revalorización dun 23%. 

Fonte | Atlántico