O alugueiro incrementouse nun 7,9% en Galicia no último ano segundo os datos de Fotocasa | Observatorio de Vivenda

O alugueiro incrementouse nun 7,9% en Galicia no último ano segundo os datos de Fotocasa

O alugueiro incrementouse nun 7,9% en Galicia no último ano segundo os datos de Fotocasa

O prezo do alugueiro segue á alza en Galicia segundo os datos proporcionados polo portal especializado Fotocasa comparado cos datos de 2021 en novembro o aumento foi do 7,9% interanual, aínda que a variación mensual foi unha caída do 0,1% ata situarse en  7,88 euros/m2.

Por provincias, onde máis aumentou a renda o alugueiro, foi en  Ourense cun 12,2 % seguida por Lugo (10,7 %;) mentres que Pontevedra e A Coruña  rexistráron aumentos do 8,7 % e 4,6 % respectivamente. Polo seu lado o prezo medio máis alto deuse na provincia de Pontevedra 8,87 €/m2 seguida por A Coruña 7,79 €/m2, Lugo 6,52 €/m2, e Ourense con 6,35 €/m2 .

Por municipios os que rexistraron un incremento interanual máis alto en novembro foron Ourense cun 11,2 % seguida por A Coruña  (9,7 %), Ferrol (8,5 %), Santiago de Compostela (8,4 %), Vigo (6,5 %) e Lugo capital (4,5 %) mentres que os concellos máis caros para alugar foron Sanxenxo (14,92 euros por metro cadrado), A Coruña  9,49 euros o m2), Vigo (9,15 euros), Santiago de Compostela (8,60 €), Oleiros (8,31 €), Pontevedra  (7,85€), Lugo (6,45 €), e Ourense (6,37€).

Fonte.- Ideal Gallego