O alugueiro medio en Galicia sitúase en 547 euros mensuais por unha vivenda de 75 metros cadrados | Observatorio de Vivenda

O alugueiro medio en Galicia sitúase en 547 euros mensuais por unha vivenda de 75 metros cadrados

O alugueiro medio en Galicia sitúase en 547 euros mensuais por unha vivenda de 75 metros cadrados

A pesar de que o mes de outubro pechouse cunha caída interanual do prezo medio en España do 7,1 %, ata establecerse en 10,5 euros o metro cadrado, segundo o último informe de prezos publicado por Idealista, os prezos dos alugueiros subiron no último ano de forma xeneralizada, constatando a senda de recuperación do mercado inmobiliario.

En Galicia, o custo sitúase en 7,3 euros o metro cadrado, o que supón máis de tres euros por baixo da media nacional, pero que sitúa á rexión como a segunda comumnidad na que máis subiu os prezos de alugueiro no último ano, chegando ao 4,2 % de encarecemento, só superada por Cantabria (+4,8 %).

Así, Pontevedra convértese na terceira capital de provincia con maior incremento do prezo do alugueiro no último ano, chegando ao 7,7 % máis, só superada por Zamora (+7,9 %) e Albacete (+7,8 %). Ademais, neste ranking tamén Lugo entra en quinta posición, cun 6,4 % máis de custo do alugueiro este ano (6,2 euros por metro cadrado).

Isto tradúcese en que, unha vivenda en alugueiro cunha superficie duns 75 metros cadrados, custaría 420 euros ao mes en Ourense provincia, 660 en Pontevedra, 517,5 na Coruña e 412,5 en Lugo e no conxunto de Galicia roldaría unha media de 547,5 euros.

Fonte | El Correo Gallego