O alugueiro nas grandes cidades españolas crece 20 veces máis que o salario | Observatorio de Vivenda

O alugueiro nas grandes cidades españolas crece 20 veces máis que o salario

O alugueiro nas grandes cidades españolas crece 20 veces máis que o salario

Segundo un estudo de Nestpick, o alugueiro nas grandes cidades de España incrementouse en máis dun 20 por cento entre novembro de 2018 e novembro de 2019, mentres que os salarios creceron unha media dun 1,2 por cento. Isto significa que a vivenda en alugueiro creceu 20 veces máis que os salarios, aumentando a taxa de esforzo e complicando o acceso á vivenda a colectivos máis desprotexidos como a poboación máis nova. A cidade con maior incremento foi Sevilla cun 31 por cento, xunto con Barcelona e Madrid, entre o 22 e 23 por cento.

Fonte.- El Economista