O "alugueiro por habitacións" preséntase como unha fórmula máis rendible que o alugueiro tradicional segundo Fotocasa | Observatorio de Vivenda

O "alugueiro por habitacións" preséntase como unha fórmula máis rendible que o alugueiro tradicional segundo Fotocasa

O "alugueiro por habitacións" preséntase como unha fórmula máis rendible que o alugueiro tradicional segundo Fotocasa

Nun momento de alta inflación e alza nos prezos non dá tregua ao peto, son cada vez máis os propietarios de vivendas que analizan que opcións lles ofrecen máis garantías fronte a falta de pagamentos e unha maior rendibilidade. Ao gran incremento no número de vivendas de uso turístico dos últimos anos súmaselle o "Alúgase por habitacións".

Esta forma de alugueiro "por partes" converteuse nunha das fórmulas máis rendibles para os arrendadores, como se mostra nos últimos datos publicados polo portal inmobiliario de Fotocasa, que cifra nun 5,8% o retorno bruto do alugueiro tradicional en Galicia, fronte ao 8% dunha vivenda compartida de tres habitacións.

No conxunto do país, a cifra de rendibilidade de alugueiro dunha vivenda completa ascende aos 6,2%, e elévase ao 9,5% cando é por cuartos.

Fonte.- Faro de Vigo