O alugueiro xa supón a metade do soldo dos xóvenes galegos | Observatorio de Vivenda

O alugueiro xa supón a metade do soldo dos xóvenes galegos

O alugueiro xa supón a metade do soldo dos xóvenes galegos

A media do alugueiro en Galicia rexistrou en xullo o seu máximo dende que recolle datos o Observatorio da Vivenda de Galicia, tendo unha media de 463,3€ mensuais na comunidade. A inflación e a subida de precios á hora de alugar unha vivenda non se corresponde coa subída dos sóldos, sendo máis significativa nos grupos de idade máis mozos, así a media do soldo no tramo de idade de 18 a 35 anos e de 11.600€ anuais o que supón unha media mensual en Galicia de 830 a 14 pagas, se segundo mostran os datos do INE e recolle o Faro de Vigo.

As recomendacións do Banco de España indican que o ideal sería non destinar máis do 25% tanto ao alugueiro coma á hipoteca, cos datos actuais da nosa comunidade apreciase que se supera para este tramo de idade o 50%.

Fonte.- Faro de Vigo