O ARI rehabilitará 400 vivendas no centro de Marín ata 2022 | Observatorio de Vivenda

O ARI rehabilitará 400 vivendas no centro de Marín ata 2022

O ARI rehabilitará 400 vivendas no centro de Marín ata 2022

Dende que a Oficina do ARI está en funcionamento en Marín, xestionáronse cerca de 3 millóns de euros en investimento privado e máis de un millón de investimento público con fines de rehabilitación e urbanización no casco urbano.

Ademais, nestes intres estase a desenvolver unha cuarta fase das actuacións de rehabilitación no ámbito do ARI de Marín correspondentes co Plan Estatal de Vivienda 2018-2021. Dende 2019 ata agora xa se executaron case o 50% das obras que se presentaron a esta convocatoria de axudas, o que supón un investimento no último ano de 273.000 euros en obras en edificios de uso residencial, importe do cal o 50% está financiado a través do plan estatal.

O investimento total privado no ámbito do ARI dende 2012 hata agora é de 1.356.110 euros en 279 vivendas, con aportación pública de 551.483 euros e de cara ao 2022, a previsión é alcanzar as 400 vivendas en total, alcanzando polo tanto un investimento xeral de 1.856.110 euros no ámbito ARI.

Fonte | Faro de Vigo