O aumento do IPC encarece o algueiro en 39 euros ao mes | Observatorio de Vivenda

O aumento do IPC encarece o algueiro en 39 euros ao mes

O aumento do IPC encarece o algueiro en 39 euros ao mes

A subida xeneralizada dos prezos rexistrada o pasado novembro, cun IPC do 5,5%, volve rexistrar a taxa de variación máis alta vista dende setembro de 1992 a causa das subidas dos prezos da alimentación e, en menor medida, aos carburantes e lubricantes. Esta tanda, os prezos da electricidade non foron troncais no incremento da inflación, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Un mes máis, este aumento do IPC terá un gran impacto nas rendas mensuais que pagan os inquilinos polas súas casas, para aqueles contratos asinados que establecen unha actualización anual en base ao IPC do mes no que se rubricaron.

Segundo o estudo realizado por idealista, o principal marketplace inmobiliario do sur de Europa, este incremento será duns 39 euros ao mes para unha familia que alugou unha vivenda tipo de dúas habitacións en novembro do ano pasado. O prezo mediano en España dunha vivenda deste tipo nesa data foi de 700 euros, polo que a renda actualizada sitúase en 739 euros mensuais. Este incremento supón unha subida media do aluguer duns 470 euros máis ao ano para os arrendatarios.

Fonte | Idealista