O aumento do prezo da vivenda en Europa provocado pola pandemia fai temer unha nova burbulla | Observatorio de Vivenda

O aumento do prezo da vivenda en Europa provocado pola pandemia fai temer unha nova burbulla

O aumento do prezo da vivenda en Europa provocado pola pandemia fai temer unha nova burbulla

En moitas grandes cidades europeas, os prezos levan décadas subindo, empuxados por un cóctel de baixos tipos de interese, escaseza de chan e unha construción que non pode seguir o ritmo da demanda. Así, a pesar dos profundos efectos da pandemia nas economías europeas, que provocaron comparacións coa crise financeira de 2008, a subida dos prezos dos inmobles acelerouse no último ano.

A demanda dos traballadores que quedan en casa, desesperados por conseguir espazo para unha oficina, contribuíu ao aumento dos prezos, mentres que os estímulos fiscais e monetarios sen precedentes destinados a manter as economías non fixeron máis que impulsar esta tendencia. Por exemplo, Estocolmo, Luxemburgo, Moscova e Bratislava rexistraron subas de dous díxitos nos últimos 12 meses, aínda que nun pequeno número de cidades, como Madrid, os prezos baixaron.

Por iso, hai algún banco, como o banco suízo UBS que destacan a cidades como Múnic, Frankfurt, Ámsterdam, París e Zúric como posibles candidatas a sufrir unha burbulla inmobiliaria, tendencia que comeza a preocupar a toda a rexión.

Fonte | Reuters