O Banco chinés anuncia unha rebaixa récord do tipo de interese para os préstamos a cinco anos | Observatorio de Vivenda

O Banco chinés anuncia unha rebaixa récord do tipo de interese para os préstamos a cinco anos

O Banco chinés anuncia unha rebaixa récord do tipo de interese para os préstamos a cinco anos

O Banco Popular de China recorta o tipo de interese para os préstamos a cinco anos, que é a referencia para os préstamos con garantía hipotecaria, que pasará a ser do 3,95%, cando antes era do 4,2%, o que corresponde á maior baixada dende 2019, data na que foi introducida polo banco central. O Banco chinés deixou sen modificar o 3,45% do tipo de interese aplicado aos préstamos con vencemento a un ano, que é a referencia para os préstamos entre empresas. 

O mes pasado, o Banco Popular de China decidiu rebaixar en 50 puntos o coeficiente de reserva de caixa esixido ás entidades do país co obxectivo de consolidar e mellorar a tendencia positiva da recuperación económica e que terminou por supoñer unha inxección de liquidez ao mercado de 1 billón de yuans, aproximadamente uns 129.000 millóns de euros.

Segundo os principais bancos de investimento mundiais, entre os que se inclúen Goldman Sachs, Morgan Stanley e UBS, a previsión en China é que a caída do sector da construción continúe en 2024. Isto limitaría o crecemento económico do país. Non en balde, a demanda do sector inmobiliario representa un 20% do PIB, mentres que en 2018 era o 24%, segundo estimacións de Bloomberg.

Fonte.- Idealista