O Banco de España analiza as repercusións de distintas políticas de vivenda | Observatorio de Vivenda

O Banco de España analiza as repercusións de distintas políticas de vivenda

O Banco de España analiza as repercusións de distintas políticas de vivenda

O Banco de España emitiu un informe no que analizan os resultados das novas correntes internacionais en materia de políticas de vivenda. Céntranse nas políticas de regulación de prezos, oferta de alugueiros públicos e políticas indirectas.

Control de prezos

A pesares de ser unha forma inmediata de afectar aos problemas de accesibilidade no gasto de certos colectivos, existen significativos efectos adversos nestas políticas. Os propietarios reaccionan reducindo a oferta de vivendas para alugar ou diminuíndo os gastos en mantemento da mesma. Ao concentrarse en determinadas zonas ou grupos sociais, o mercado de aluguer pode incrementar a segmentación segundo condicións socioeconómicas, reducir a mobilidades dos traballadores ou incrementar o prezo do alugueiro nos segmentos non regulados. A evidencia recente mostra que estas políticas son efectivas para moderar os prezos dun segmento no corto prazo, aumentando os prezos dos segmentos non regulados. Os problemas da oferta aparecen no medio prazo.

Oferta pública de alugueiros

Un amplo conxunto de países interviñeron no mercado aumentando significativamente a oferta de alugueiros públicos. A principal vantaxe desta política é que diríxese directamente á causa do incremento dos prezos de alugueiro, a insuficiente oferta de inmobles accesibles ante os aumentos de demanda de certos mercados. O principal escollo para esta política é a alta esixencia orzamentaria e de imprementación (require un deseño eficiente). Esta implementación debe asegurarse de desincentivar a segmentación e exclusión social, sen provocala expulsión da oferta privada.

Políticas indirectas

As limitacións das políticas directas propiciaron a aparición nestes últimos anos de regulacións específicas no mercado urbanístico, na fiscalidade e nas normativas xurídicas dos contratos. A evidencia es escasa para sacar conclusións destas medidas. 

Fonte| Banco de España