O BNG saca adiante unha moción que plantexa declarar Vigo como zona tensionada | Observatorio de Vivenda

O BNG saca adiante unha moción que plantexa declarar Vigo como zona tensionada

O BNG saca adiante unha moción que plantexa declarar Vigo como zona tensionada

No pleno do Concello de Vigo ocorrido onte, o grupo municipal do BNG sacou adiante unha moción que plantexa declarar Vigo como zona tensionada, e desta forma limitar o prezo do alugueiro. Adicionalmente, esta moción incorpora medidas que tamén buscan frear a proliferación das vivendas de alugueiro vacacional e poñer en marcha un plan municipal facilitando o alugueiro na cidade. A moción non foi rexeitada nin por PSOE nin por PP, que abstivéronse. 

Se ben esta moción non obriga a que se apliquen as medidas, supón un primer paso para a súa posta en funcionamento. Sen embargo, para que a limitación dos prezos do alugueiro se aplique, é necesario que se traslade a solicitude ao Goberno desde cada comunidade autónoma. A Xunta afirmou que non ía declarar de oficio ningún territorio como zona tensionada, pero trasladaría ao Executivo aquelas plantexadas polos concellos. Desta forma os prezos dos alugueiros poderían baixar de aplicarse o Índice de Prezos de Referencia do Ministerio de Vivenda, segundo o evidencian as comparacións de datos de vivendas anunciadas en portais inmobiliarios cos datos do Ministerio, con caídas nos prezos de ata os 900 euros.

Doutra banda, o sector hoteleiro trasladou unha petición para a limitación da proliferación dos pisos turísticos, argumentando competencia desleal. A día de hoxe son 1.800 os pisos turísticos rexistrados na cidade de Vigo. 

Fonte.- Atlántico