O Borrador do Plan Xeral de Ordenación Municipal indica que Vigo ten a menor taxa de vivendas vacías das sete grandes cidades galegas | Observatorio de Vivenda

O Borrador do Plan Xeral de Ordenación Municipal indica que Vigo ten a menor taxa de vivendas vacías das sete grandes cidades galegas

O Borrador do Plan Xeral de Ordenación Municipal indica que Vigo ten a menor taxa de vivendas vacías das sete grandes cidades galegas

O informe do Borrador do Plan Xeral de Ordenación Municipal reflicte que Vigo ten a menor taxa de vivenda vacía das sete grandes cidades galegas. Concretamente, Vigo ten unha taxa do 12,95 % que é 3,5 % por debaixo da taxa provincial e 5,7 % por debaixo da taxa galega, que é do 18,6 %. 

No periodo da burbulla inmobiliaria, Vigo incorporou ao seu parque de vivendas un total de 21.047 vivendas familiares e foron ocupadas 21.036, cun lixeiro incremento das vivendas vacías que foi compensado pola caída de vivendas secundarias que se convertiron en primeira vivenda. Todo isto da como resultado 18.588 vivendas vacías, nun censo integrado por 143.579 vivendas familiares. 

 

Fonte | Atlántico