O casco histórico de A Coruña ten tres veces máis pisos baleiros ca a media da cidade | Observatorio de Vivenda

O casco histórico de A Coruña ten tres veces máis pisos baleiros ca a media da cidade

O casco histórico de A Coruña ten tres veces máis pisos baleiros ca a media da cidade

Tras os estudios cometidos polo Concello de A Coruña, o barrio con máis porcentaxe de pisos baleiros é a Cidade Vella cun 34,7 % dos inmobles sen inquilinos (a media na cidade é de 12,2 %). É dicir, a proporción de inmobles baleiros no casco vello é do triple ca media coruñesa. Segundo o estudo, nos últimos anos no barrio producíronse dous tendencias: un acusado decrecemento do número de vivendas en alugueiro e un crecemento do porcentaxe de propietarios con pagos pendentes.

O estudo sinala o estado das vivendas coma o motivo principal do descenso dos alugueiros e a alta porcentaxe de pisos baleiros. A complexidade e o custe das rehabilitacións desincentiva a inversión dos propietarios. Por outro lado, o conselleiro de Urbanismo da cidade, asegurou que o Concello está a traballar neste problema. No próximo pleno presentarase a nova ordenanza de conservación e rehabilitación de edificios.

Fonte| El Ideal Gallego