O Catastro poderase consultar por videoconferencia | Observatorio de Vivenda

O Catastro poderase consultar por videoconferencia

O Catastro poderase consultar por videoconferencia

A Dirección Xeral do Catastro puxo en funcionamento en todo o territorio un novo sistema de atención ao cidadán mediante videoconferencia denominado Catastro Directo ( CADI), co que estende o abanico de canles de asistencia personalizada que ata o de agora se desenvolvía de maneira presencial nas oficinas do Catastro, e a distancia, a través da atención telefónica e electrónica, por medio da Sede electrónica do Catastro ( SEC).

A implantación de Catastro Directo realizouse a partir dunha experiencia piloto levada a cabo nas xerencias territoriais do Catastro de Andalucía e de Ceuta e Melilla. Finalmente, desde este luns comezarase a prestar o servizo de maneira xeneralizada.
 

Fonte | El Español