O Colexio de Arquitectos Técnicos constata unha caída do 20% na construción de vivendas en A Coruña | Observatorio de Vivenda

O Colexio de Arquitectos Técnicos constata unha caída do 20% na construción de vivendas en A Coruña

O Colexio de Arquitectos Técnicos constata unha caída do 20% na construción de vivendas en A Coruña

O sector da construción parece amosar signos de estabilidade na cidade de A Coruña. Segundo o Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de A Coruña, os expedientes de obra aumentaron un 9,63% o ano pasado. Durante 2023, contabilizáronse 239 expedientes na cidade, fronte aos 218 rexistrados no ano 2022. Pola súa banda, a construción de vivenda nova caeu preto dun 20% o ano pasado. A cifra de vivendas de nova construción incluidas no visado de encargos de dirección de execución de obra foi de 325 unidades, fronte ás 403 do ano anterior ou as 386 do ano 2021. 

Doutra banda, a pesar de que na cidade aumentaron os expedientes de obra, no conxunto da provincia descenderon. Concretamente, en 2023 foron 1.617 os visados expedientados, fronte aos 1.772, o que supón un descenso do 8,75%. A construción de obra nova tamén descendeu, un 28,56%, pasando das 1.779 unidades en 2022 ás 1.271 coas que se pechou 2023.

Fonte.- La Opinión de A Coruña