O Comité EMPL do Parlamento Europeo vota un informe clave sobre a vivenda que suporía un paso máis cara unha vivenda asequible para todos | Observatorio de Vivenda

O Comité EMPL do Parlamento Europeo vota un informe clave sobre a vivenda que suporía un paso máis cara unha vivenda asequible para todos

O Comité EMPL do Parlamento Europeo vota un informe clave sobre a vivenda que suporía un paso máis cara unha vivenda asequible para todos

O 1 de decembro, a Comisión de Emprego e Asuntos Sociais do Parlamento Europeo (EMPL) votou o informe "Acceso a unha vivenda digna e asequible para todos", o cal aborda sete medidas que engloban alguns dos crecentes problemas relacionados coa falta de vivendas asequibles en toda Europa. Algunhas das propostas que se inclúen son o aumento do parque de vivendas asequibles de Europa, unha estratexia integrada en materia de vivenda, a loita contra os desafiuzamentos e a erradicación da falta de vivenda para 2030.

Un logro importante da votación foi o recoñecemento de que as normas e directrices de gobernanza económica a nivel da Unión Europea sobre a definición da vivenda social por parte dos grupos destinatarios deben revisarse á luz do creciente desaxuste entre as necesidades de vivenda e o que ofrece o mercado.

Con seu voto, os encargados da formulación de políticas deron luz verde á utilización dos plans de recuperación para apoiar a renovación e dedicar unha atención especial á vivenda social na Ola de Renovación.  A mellora das condicións das vivendas potenciará ás comunidades vulnerables e as apoiará na recuperación da saúde mundial. 

Fonte | Housing Europe