O Concello da Coruña abre a convocatoria de axudas para a rehabilitación de inmobles por un total de 1,3 millóns de euros | Observatorio de Vivenda

O Concello da Coruña abre a convocatoria de axudas para a rehabilitación de inmobles por un total de 1,3 millóns de euros

O Concello da Coruña abre a convocatoria de axudas para a rehabilitación de inmobles por un total de 1,3 millóns de euros

O Concello da Coruña reserva un total de 1,3 millóns de euros para axudas á rehabilitación e reforma de inmobles na Cidade Vella, Pescadería, Labañou, o grupo de vivendas María Pita e O Ventorrillo, ao abeiro das Áreas de Rexeneración e Renovación Urbanas (ARRU) concedidas na cidade.

Así, do orzamento total de 1,3 millóns, 529.612 euros irán destinados a O Ventorrillo; outros 571.290 a Labañou e grupo María Pita e, por último, 237.447 euros para o centro histórico e a Cidade Vella.

Nesta nova convocatoria increméntase o importe subvencionable por unidade familiar, pasando dun máximo de 12.000 euros a un de 22.000 euros, e tamén se poderán requirir anticipos de ata o 50% do importe finalmente concedido tras a resolución da convocatoria.

Fonte | El Ideal Gallego