O Concello de Ames lanza o plan de pisos en alugueiro para familias vulnerables | Observatorio de Vivenda

O Concello de Ames lanza o plan de pisos en alugueiro para familias vulnerables

O Concello de Ames lanza o plan de pisos en alugueiro para familias vulnerables

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Ames pon en marcha o Programa de Vivendas Baleiras, un proxecto que xorde da renovación do convenio de colaboración co Instituto Galego de Vivenda (IGVS) e a Federación Galega de Municipios (Fegamp), e que ten por obxecto pór a disposición das familias en situación máis vulnerable os pisos deshabitados do municipio, a través do alugueiro social. O prazo para presentar as solicitudes está aberto durante todo o ano para facilitar a máxima participación nunha iniciativa que establece unha serie de requisitos tanto para os propietarios como para os inquilinos.

Así, poden incorporarse ao programa as vivendas libres ou que non estean sometidas a limitacións para ser ofrecidas en alugueiro, que carezan de cargas, que estean desocupadas, que reúnan unhas condicións mínimas de habitabilidade, que dispoñan de servizos básicos de auga, recollida de lixo, gas e/ou electricidade, e que estean provistas de cociña con electrodomésticos.

O programa establece que o prezo máximo da renda mensual das vivendas non pode superar os 300 euros, no caso dun piso tipo cunha superficie de 90 metros cadrados. 

Fonte | La Voz de Galicia