O Concello de Barcelona adicará preto de 350 vivendas ao "Cohousing" para persoas maiores de 65 anos | Observatorio de Vivenda

O Concello de Barcelona adicará preto de 350 vivendas ao "Cohousing" para persoas maiores de 65 anos

O Concello de Barcelona adicará preto de 350 vivendas ao "Cohousing" para persoas maiores de 65 anos

O  Institut Municipal de l’Habitatge i Rehabilitació do Concello de Barcelona comezará a adxudicar a principios do vindeiro ano 345 vivendas en réxime de "Cohousing" para persoas maiores de 65 anos que estarán ubicadas nos barrios  Trinitat Vella ( 85 vivendas), Casernes de Sant Andreu (152 vivendas) e Provençals del Poblenou (60 vivendas).

Estas promocions súmanse ás 1.433 vivendas adaptadas para persoas maiores que xa hai na cidade que xunto as programadas do Eixample e Gracia (87 e 43 respectivamente) porán no mercado preto de 2000 pisos con todas as comodidades (contarán con atención directa, salas polivalentes ademáis de diferentes servizos).

Fonte.- Idealista