O Concello de Barcelona destinará 37 millóns de euros á rehabilitación de vivendas en 2021 | Observatorio de Vivenda

O Concello de Barcelona destinará 37 millóns de euros á rehabilitación de vivendas en 2021

O Concello de Barcelona destinará 37 millóns de euros á rehabilitación de vivendas en 2021

O Concello de Barcelona presentou a convocatoria de axudas á rehabilitación para este ano, que volve a poñer o foco na eficiencia enerxética dos edificios. O orzamento increméntase ata os 37 millóns de euros, o maior investimento que se fixo neste ámbito e que practicamente duplica a do ano pasado. 

O obxectivo deste aumento no orzamento total é conseguir edificios e vivendas máis seguros, accesibles e sustentables energéticamente, xa que as axudas incorporan diferentes liñas para a rehabilitación de elementos comúns de edificios e o interior de vivendas, con especial atención ás persoas máis vulnerables.

Así, a previsión é que se poidan beneficiar das subvencións máis de 15.000 vivendas, con prioridade para as rehabilitacións en clave de emerxencia climática, para conseguir reducir o gasto tanto enerxético como económico dos edificios con intervencións como o illamento de fachadas, a renovación de xanelas ou a instalación de placas solares. 

Fonte | Idealista