O concello de Berlín comprará e convertirá en vivendas municipais miles de vivendas para intentar frear a suba dos alugueiros | Observatorio de Vivenda

O concello de Berlín comprará e convertirá en vivendas municipais miles de vivendas para intentar frear a suba dos alugueiros

O concello de Berlín comprará e convertirá en vivendas municipais miles de vivendas para intentar frear a suba dos alugueiros

O concello de Berlín acordou a compra 14.750 apartamentos cos dous maiores propietarios de Alemaña por un importe de 2.460 millóns de euros, nun intento por contrarrestar o aumento dos alugueiros. 

Así, o acordo asinado entre o concello e as empresas inclúe o compromiso das dúas compañías de limitar os aumentos dos alugueiros ata 2026 e construír 13.000 novos apartamentos para tratar de abordar a escaseza de vivendas e aliviar as preocupacións do público sobre o aumento dos custos de vida, xa que o retorno á propiedade municipal dálles aos inquilinos a seguridade necesaria de que os seus apartamentos estarán permanentemente no segmento de baixo custo.

Berlín está particularmente exposto ao problema da escalada dos prezos dos alugueiros debido a que gran parte das súas vivendas sociais vendéronse despois da reunificación e ademais o crecemento da poboación da cidade derivado do seu rexurdimento xerou fortes tensións na vivenda.

Fonte | El Economista