O Concello de Camariñas aproba provisionalmente o Plan Especial do casco histórico | Observatorio de Vivenda

O Concello de Camariñas aproba provisionalmente o Plan Especial do casco histórico

O Concello de Camariñas aproba provisionalmente o Plan Especial do casco histórico

O Concello de Camariñas aprobou provisionalmente o Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do casco histórico da capital municipal, deixando en mans da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda á aprobación definitiva. 

A superficie delimitada polo ámbito do PEPRI é de aproximadamente 122.032 metros cadrados, variando o ámbito do PEPRI-01 establecido no vixente Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM), que é de 119.022 m2, o que supón un incremento do 2,52% respecto da delimitación inicial.

Para a súa elaboración entenderon como prioritaria a consolidación e protección do tecido e da trama tradicional para evitar así a súa desaparición, ao tempo que se mellorarán os servizos urbanísticos e as dotacións. Ademais, o plan permite establecer as liñas xerais e normas para que as zonas degradadas polos crecementos sen control poidan recuperar unha harmonía e acadar un maior grao de integración na paisaxe costeira.

 

Fonte | El Correo Gallego