O Concello de Cangas propón limitar o alugueiro turístico nas zonas "tensionadas" o próximo ano: en O Hío, Aldán e Darbo | Observatorio de Vivenda

O Concello de Cangas propón limitar o alugueiro turístico nas zonas "tensionadas" o próximo ano: en O Hío, Aldán e Darbo

O Concello de Cangas propón limitar o alugueiro turístico nas zonas "tensionadas" o próximo ano: en O Hío, Aldán e Darbo

Os atractivos do Morrazo e o crecente interese turístico pola zona converteron á comarca nun enclave de atracción de visitantes que acaba deixando sen lugar á poboación autóctona para dar acubillo á foránea. Isto móstrase no aumento da oferta de vivendas por días ou tempadas que se disparou nos últimos anos á vez que diminúen as ofertas de alugueiro convencional e aumentan os prezos das vivendas para o seu uso todo o ano, o que provoca un aumento das queixas dos veciños por non ter acceso a ela.

Nesta situación, algunhas administracións barallan medidas para regular o mercado, mentres o Concello de Cangas "estuda fórmulas" como a limitación das prazas de aloxamento turístico "nas zonas máis tensionadas" que se sitúan nas parroquias de O Hío, Aldán e Darbo, ademais do centro urbano da vila.

Esta problemática foi tratada nunha reunión entre representantes do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) celebrado o mércores 30 de agosto en Santiago. A idea é que o próximo ano haxa certa regulación que evite ou limite a desproporción entre os tempos de alugueiro da vivenda.

Fonte.- Faro de Vigo