O Concello de Cangas quere rehabilitar as casas dos mestres do barrio de Nazaret para adicalas ao alugueiro social | Observatorio de Vivenda

O Concello de Cangas quere rehabilitar as casas dos mestres do barrio de Nazaret para adicalas ao alugueiro social

O Concello de Cangas quere rehabilitar as casas dos mestres do barrio de Nazaret para adicalas ao alugueiro social

O Concello de Cangas recibiu por parte do Colexio de Arquitectos de Galicia o proxecto para rehabilitar as antigas casas dos mestres situadas no barrio de Nazaret, completando así os trámites necesarios para poder solicitar os Fondos Next Generation que xestiona e reparte para estes fins o IGVS para realizar estas actuacións.

Como recolle o Faro de Vigo estas rehabilitacións, que converterán os edificios en enerxeticamente sostibles, buscan que estos inmobles poidan ser adicados ao alugueiro social na vila, que en principio serán adicadas á mocidade, para elo, o Goberno local quere crear unha ordenanza para pór en marcha un rexistro de demandantes para as vivendas de este tipo que ten no seu poder que na actualidade xa son 6.

Fonte.-Faro de Vigo.