O concello de Carballiño aproba facer un catálogo de vivendas abandonadas | Observatorio de Vivenda

O concello de Carballiño aproba facer un catálogo de vivendas abandonadas

O concello de Carballiño aproba facer un catálogo de vivendas abandonadas

O concello de Carballiño, no seu pleno, aprobou a realización dun censo de vivendas abandonadas e en estado ruinoso, sendo un instrumento que sirva de punto de partida para a toma de decisións ao respecto, encamiñadas na rehabilitación e mellora da estética das rúas, así como valorar o risco de potenciais accidentes derivados do mal estado dalgunhas edificacións. A medida foi aprobada por unanimidade de todas as forzas políticas.

Fonte.- La Región