O Concello de Castro de Rei comeza a elaboración dun plan de rehabilitación do casco urbano | Observatorio de Vivenda

O Concello de Castro de Rei comeza a elaboración dun plan de rehabilitación do casco urbano

O Concello de Castro de Rei comeza a elaboración dun plan de rehabilitación do casco urbano

O Concello de Castro de Rei iniciou a redacción dun plan de rehabilitación co obxectivo de protexer o casco urbano da vila optando a subvencións para a mellora de vivendas e espazos públicos. O Concello quere recoñecer como Área de Rehabilitación Integral (ARI) unha zona que abarca unhas 70 vivendas da localidade e os seus corresponden espazos urbanos e edificios públicos. 

Actualmente, a única ARI que funciona na comarca é a de Vilalba, que inclúe a zona vella e outras partes do casco urbano. 

 

Fonte | La Voz de Galicia