O Concello de Cerdedo-Cotobade convertirá o antigo centro médico de Carballedo en catro vivendas de alugueiro social | Observatorio de Vivenda

O Concello de Cerdedo-Cotobade convertirá o antigo centro médico de Carballedo en catro vivendas de alugueiro social

O Concello de Cerdedo-Cotobade convertirá o antigo centro médico de Carballedo en catro vivendas de alugueiro social

O Concello de Cerdedo-Cotobade rehabilitará o antigo centro médico de Carballero para convertilo en vivendas de alugueiro social para familias con poucos recursos. Esta actuación permitirá crear catro vivendas neste inmoble constituído no 1920 e que foi unha escola antes de funcionar como centro médico. As actuacións estáran financiadas por unha inversión de 423.000 euros, procedentes do Instituto Galego de Vivenda e Solo e da Deputación. 

O edificio é de planta baixa con baixo cuberta e presenta unha estrutura de catro augas e forma rectangular con acabados de pedra. Ten accesos polas fachadas delanteira e traseira, escadas e un porche aberto. Para rehabilitalo como vivenda está previsto demoler os elementos deteriorados e as partes adxuntos ao proxecto, así como reforzar a estrutura, retirar materiais e unha limpeza xeral. Tamén se crearán novos accesos ás catro vivendas, instalarase a carpintería exterior e interior e dotarase de acondicionamento térmico. 

 

Fonte | Pontevedra Viva