O Concello de A Coruña aproba a licitación do proxecto de pisos de promoción pública no parque ofimático | Observatorio de Vivenda

O Concello de A Coruña aproba a licitación do proxecto de pisos de promoción pública no parque ofimático

O Concello de A Coruña  aproba a licitación do proxecto de pisos de promoción pública no parque ofimático

A Xunta de Goberno local aprobará hoxe a licitación do proxecto e a dirección das obras para a construcción dun edificio de vivendas de promoción pública que promove o Concello no parque ofimático cun presuposto de 457.327 euros.

O prazo para a redacción do proxecto será de nove meses, que empezarán a contar dende a formalización do contrato e finalizará coa entrega do documento na Oficina de Supervisión de Proxectos do Concello e ademais, a empresa adxudicataria terá que facer unha entrega intermedia do proxecto básico nos tres primeiros meses. O prazo estimado para a dirección da obra é de 18 meses, aínda que poderá modificarse.

O Concello estima que o contrato coa empresa adxudicataria en 2023, polo que o presuposto dividirase en 150.177 euros para este ano, 134.548 euros para o exercicio de 2021, 75.126 euros para o 2022 e, por último, un total de 97.475 euros para 2023.

Fonte | La Opinión Coruña