O Concello de Curtis licita unha obra para rehabilitar unha antiga escola unitaria e destinala a vivendas sociais | Observatorio de Vivenda

O Concello de Curtis licita unha obra para rehabilitar unha antiga escola unitaria e destinala a vivendas sociais

O Concello de Curtis licita unha obra para rehabilitar unha antiga escola unitaria e destinala a vivendas sociais

O Concello de Curtis licitou por 93.149 euros a rehabilitación da escola unitaria do lugar de Padreiro, un edificio en semiruina no que xa se arreglara no seu día a cuberta e cuxa obra suporá cumprir un triple fin social: rehabilitar unha antiga escola unitaria abandonada, executar dúas vivendas sociais e contribuir a fixar poboación no rural.

Con esta obra prevese recuperala para que sexa vivenda habitual para persoas con escasos recursos económicos, xa que se xerarán dúas vivendas (unha na planta alta e outra no baixo) con dúas portas independentes. Cada unha terá unha media de 82 metros cadrados de superficie construida e incluirán dous dormitorios, salón con comedor e cociña, un baño e un lavadeiro-tendedeiro.

As obras licitadas inclúen toda a rehabilitación interior, con novos tabiques, revestimentos, carpintería, electricidade, calefacción, fontanería e sanitarios, ventás e portas e a mellora da fachada.

Fonte | La Opinión Coruña