O Concello de Ferrol habilita a recollida de solicitudes para as axudas de rehabilitación das ARIs | Observatorio de Vivenda

O Concello de Ferrol habilita a recollida de solicitudes para as axudas de rehabilitación das ARIs

O Concello de Ferrol habilita a recollida de solicitudes para as axudas de rehabilitación das ARIs

O Concello de Ferrol recollerá a partir do día 5 de marzo as solicitudes de axudas para a rehabilitación de vivendas nos barrios declarados Área de Rehabilitación Integral (ARI). Estes barrios son o da Magdalena, Ferrol Vello, Esteiro e A Graña. Beneficiaranse ata un total de 86 intervencións repartidas nas zonas anteriormente mencionadas. As axudas contarán co financiamento do Ministerio de Fomento, IGVS e Concello de Ferrol.