O Concello de Lugo reducirá os trámites para licenzas de obra inferiores a 300.000 euros | Observatorio de Vivenda

O Concello de Lugo reducirá os trámites para licenzas de obra inferiores a 300.000 euros

O Concello de Lugo reducirá os trámites para licenzas de obra inferiores a 300.000 euros

Verase reducido o tempo de tramitación das licenzas de obra maior no concello de Lugo que sexan inferiores aos 300.00 euros trala autorización do director xeral de urbanismo. Desta forma, os expedientes xa non terán que pasar pola xunta de goberno local. Trátase dunha fórmula que xa está en uso noutras cidades. A maioría dos proxectos urbanísticos no concello son inferiores a esta cantidade, concretamente vivendas unifamiliares, reformas integrais ou acondicionamento de locais. 

Durante o ano pasado aprobáronse 279 licenzas de obra maior na xunta do goberno, por valor de 51 millóns de euros en total. O ritmo de tramitación destes permisos caeu na segunda metade de 2023 e en inicios de 2024, por certas circunstancias como a xubilación da xefa de Licenzas e a demora en asignar temporalmente as súas funcións ao xefe de Urbanismo. O obxectivo que se marca con este cambio é mellorar os números de licenzas do ano pasado e impulsar a xestión urbanística do Concello.

Fonte.- El Progreso