O Concello de Madrid destina 30 millóns de euros a un plan para tratar de alugar 500 pisos baleiros | Observatorio de Vivenda

O Concello de Madrid destina 30 millóns de euros a un plan para tratar de alugar 500 pisos baleiros

O Concello de Madrid destina 30 millóns de euros a un plan para tratar de alugar 500 pisos baleiros

O Concello de Madrid presentou o Plan Integral de Alugueiro Municipal cun presupuesto de 30 millóns de euros para tratar de facer fronte durante a presente lexislatura ata ao cinco por cento dos 10.000 pisos baleiros que calculan que hai na cidade.

Os destinatarios son, por un lado, os propietarios desas casas, que quedarán recollidas nun portal de internet e por outro, as familias ou persoas que teñan problemas para acceder a unha vivenda polas condicións do mercado. O  obxectivo que se marcan é conseguir alugar 100 durante o presente ano, outras 100 en 2022, chegar ata as 500 ao final da lexislatura e ás 1.000 na seguinte.

Así, mediante o programa Reviva, o Consistorio vai tratar de sacar ao mercado de alugueiro vivendas que estean baleiras, co apoio dos chamados "Bono Vivenda", unha axuda para os que cumpran determinadas condicións. O máximo da axuda que se poderá recibir mensualmente será de 900 euros e o mínimo que se pagará polo alugueiro será de 450 euros. Hai toda una variable de condicións segundo os ingresos, a idade, o número de integrantes da unidade familiar ou se hai discapacitados ou persoas dependentes.

Fonte | El País