O Concello de Madrid paraliza os desahucios ata o 2021 | Observatorio de Vivenda

O Concello de Madrid paraliza os desahucios ata o 2021

O Concello de Madrid paraliza os desahucios ata o 2021

O Concello de Madrid pactou non dispoñer ningún solo nin vivenda pública, nin tampouco desahuciar ata o 31 de decembro do 2020. Ata esta data, paralizaranse os desahucios xa iniciados. Ademáis, adquirirá mediante a cesión do uso un importante paquete de vivendas turísticas para destinalas ao alugueiro. 

Dentro dos Acordos da Vila, firmados tras lograr un acordo entre os portavoces das distintas formacións políticas na capital de España, atópanse varias medidas relacionadas coa vivenda. Tódolos grupos políticos queren impulsar o desenvolvemento dun parque público de vivenda en alugueiro similar ao existente en ciudades europeas, como Viena, Berlín, Ámsterdam ou París, de tal xeito que se poda alcanzar o 20% do parque inmobiliario mediante varias medidas. 

Tamén se aprobou aumentar o parque público en alugueiro mediante a cesión do uso de pisos baleiros e degradados de particulares á EMVS para a súa rehabilitación e posta en alugueiro por esta a prezos asequibles. 

 

Fonte | idealista