O Concello de Madrid sortea 316 vivendas en alquiler cun prezo medio mensual de entre 150-250 euros | Observatorio de Vivenda

O Concello de Madrid sortea 316 vivendas en alquiler cun prezo medio mensual de entre 150-250 euros

O Concello de Madrid sortea 316 vivendas en alquiler cun prezo medio mensual de entre 150-250 euros

O Concello de Madrid, a través da Empresa Municipal da Vivenda e Chan (EMVS), sorteará o próximo mes de xaneiro 316 vivendas de aluguer. Do total de pisos 244 son de nova construción e os 72 restantes xa pertencían ao patrimonio da EMVS e vólvense a sortear por diversos factores. Nalgúns casos polo falecemento do inquilino e noutros por recuperarse xudicialmente tras unha ocupación ilegal. As 244 vivendas novas pertencen ás promocións Méndez Álvaro Norte 3 (85 vivendas) e Carabanchel 29 (159 vivendas).

Este e o terceiro sorteo aprobado polo Concello de Madrid no 2021. O primeiro celebrouse en febreiro de 2021, cando se ofertaron 398 vivendas. O segundo levouse a cabo en maio de 2021, con 580 vivendas. En total, segundo o Concello de Madrid, vanse a ofertar en 2021 un total de 1.294 vivendas, a cifra máis alta dende 2012 (ese ano ofertáronse 1.831 vivendas). Unha vez aprobado o sorteo, a él poderán optar todas as persoas inscritas oficialmente no rexistro de solicitantes antes do 30 de novembro do 2022, 28.000 demandantes. O prezo de alugueiro mensual será entre 150 e 250 euros e nunca superior ao 30% dos ingresos familiares.

O sorteo organízase por grupos, de acordo coas circunstancias persoais, familiares, sociais e económicas de cada solicitante. O regulamento en vigor establece unhas porcentaxes mínimas de vivendas asignadas a cada grupo sobre o total de vivendas ofertadas. Por exemplo, son grupos de demanda as persoas en situación de vulnerabilidade residencial; as persoas menores de 35 anos e as maiores de 65; as familias monoparentais e as numerosas; as persoas con discapacidade; as vítimas de violencia de xénero, trata e/ou explotación sexual; a demanda xeral e as persoas en «extrema exclusión residencial». Un 10% das vivendas destínanse a menores de 35 e outro 10% a maiores de 65. 

Fonte | El Mundo